ACTIVIDADES COMPLEMENTARIAS E EXTRAESCOLARES RELACIONADAS CO PROXECTO

María X. Rodríguez Valcárcel

 

  • Image
     
    Image
     
    Image
     
    Image
     
    Image
  • EXCURSIÓN CAMPAMENTO MILITAR ROMANO AQUIS QUERQUENNIS (decembro 2011)

 

  • CONFERENCIA DE JUAN MANUEL SOBRADO “Vías romanas e Aquis Querquennis” ( marzo 2012)

O investigador, membro do Grupo Larouco que realizou e realiza escavacións, entre outros lugares, no campamento militar romano Aquis Querquennis, pronunciou unha conferencia no centro sobre este emprazamento e mais sobre as Vías Romanas na Península Ibérica, tema este último sobre o que está a realizar a súa tese de doutoramento e co que xa gañou o Premio de Investigación Ferreira de Pallares no ano 2008 cun traballo sobre a vía que circulaba entre as cidades de Lucus Augusti e o campamento militar mencionado .

 

  • VISITA MUSEO PROVINCIAL DE LUGO (Restos romanos) e Casa do Mitreo (marzo 2012)

O Museo Provincial de Lugo alberga un importante número de pezas de época romana: aras, mosaicos, miliarios, altares, estelas funerarias, etc. A partir destes restos explicóusenos a formación da cidade romana e a evolución da mesma, amais doutras curiosidades tales como o motivo da presenza na cidade de certas estatuas, coma a aguia.

Como complemento a esta visita realizamos outra á Domus do Mitreo, onde o arqueólogo responsable das escavacións (Celso Rodríguez Cao) nos explicou esta casa romana, unha das mellor conservadas na Península Ibérica, e que nos permite acceder ao coñecemento do urbanismo de Lugo ao longo dos séculos; ten amais o valor engadido da existencia dun mitreo, ou templo de veneración ao deus Mitra, dos que só se conservan cinco na Península.

 

Germany

Abendgymnasium Münster Image

www.abendgymnasium-muenster.de
Münster | NRW | Germany

Spain

EPAPU Albeiros

Image

www.edu.xunta.es/centros/epapualbeiros
Lugo |  Galicia | Spain

Netherlands

Horizon CollegeImage

Image

www.horizoncollege.nl
Alkmaar | North-Holland | The Netherlands

Greece

 AEOLIS

Image

www.aeolis.edu.gr
Lesvos Island |  Aegean Sea | Greece 

Theme by Danetsoft and Danang Probo Sayekti inspired by Maksimer