Os Camiños do oeste

PrinterSend to friendPDF version

Neftalí Platas García

O Camiño de Fisterra-Muxía

26 pontemaceira

27 gonte

28 fisterra

29 muxía

A peregrinación xacobea como tal conclúe na Cidade de Santiago de Compostela, pero algúns peregrinos, tanto da Península Ibérica como do resto de Europa, prolongan a súa viaxe ata a Coste da Morte, que está situada na zona máis occidental de Galicia.

A Costa da Morte, ata finais da Idade Media, era o último reduto da terra coñecida e o cabo de Fisterra, a súa parte máis extrema, polo que este era un lugar cargado de todo tipode crenzas e ritos pagáns.

De seguido imos dar conta dos lugares máis relevantes da ruta. No concello de Ames consérvase unha pequena ponte de orixe medieval, e a igrexa Barroca de Trasmonte, máís adiante atopamos A Ponte de Maceira.

De seguido o camiño, desde Negreira ata Hospital, permítenos por momentos percorrer zonas de altiplano con amplas perspectivas dos concellos de Negreira e Mazaricos.Unha característica deste tramo é a súa arquitectura popular representada nun conxunto de hórreos (construcións destinadas á conservación dos produtos do campo). Se subimos ao monte Aro poderemos gozar dunha bonita paisaxe de parte da comarca de Terra de Xallas. Despois de cruzar a Ponte Olveira, construída no século XVI, podemos ver máis exemplos de arquitectura popular.

Ao saír do Hospital o camiño bifurcase e cómpre decidir se dirixirse a Fisterra ou a Muxía.

Se nos decidimos por Fisterra no camiño veremos o Santuario da Nosa Señora das Neves coa súa “fonte santa” e a ermida de San Pedro Mártir con outra fonte ·milagreira” para varias doenzas.

Cee é a primeira localidade a que chega o peregrino, aquí podemos atopar O Pazo de Cotón, o edificio decimónico da Fundación Fernando Blanco e a igrexa de Xunqueira, de cabeceira gótica. Cerca de Cee está a vila de

Corcubión, que ten un casco antigo declarado conxunto histórico-artístico no que destaca a igrexa de San Marcos, gótico-mariñeira e neógotica.

Ao chegar a Fisterra merece unha parada a Igrexa de Santa María das Areas e a capela barroca do Santo Cristo. Xa por último, non debemos olvidar chegar ao faro de Fisterra, un sitio magnífico para ver a inmensidade do mar e as postas de sol.

O camiño de Fisterra a Muxía avanza entre aldeas, campos de cultivo, bosques sempre coa presenza do mar. A variedade de aves que podemos observar nesta zona é notoria. Nesta ruta tamén atoparemos arquitectura rural tradicional e notables igrexas.

Antes de chegar a Muxía debemos subir a un alto desde o cal teremos amplas vistas de zona.

A Punta da Barca é o final deste traxecto no cal temos a Pedra dos Cadrís (conta a lenda que é a barca na que veu a Virxe a axudar a Santiago)e a Igrexa de Santa María de Muxía.

Se escollemos o percorrido dende o Hospital ata Muxia, ao chegar a San Martín de Ozón podemos destacar un dos máis grandes hórreos de Galicia, unha igrexa de ábsida romana e o desparecido mosteiro de San Xulián de Moraime, do cal se conserva o templo románico de tres naves e pinturas góticas.

Ruta do mar de Arousa e o río Ulla

Esta ruta marítimo-fluvial pola ría de Arousa e o río Ulla conmemora a chegada a Galicia, por mar, do corpo do apóstolo Santiago tras o seu martirio en Xerusalén. Esta ruta conmemora a chegada a Galicia, por mar, dos seus restos. Antigas tradicións cristiás contan que, logo do martirio, algúns discípulos recolleron o seu corpo decapitado e, a través do Mediterráneo e Atlántico o trasladaron ata Iria Flavia, nas proximidades da vila de Padrón.

A finais de Xullo ou principios de Agosto conmemórase o traslado do Apóstolo a Santiago cunha vistosa procesión marítimo-fluvial con varias embarcacións engalanadas e gran participación de público.

As costas da ría de Arousa son variadas en paisaxes e ricas en patrimonio histórico. En ambas ribeiras debúllase unha sucesión de praias, calas, cabos e enseadas, onde se engastan vilas industriais, mariñeiras e aldeas vitivinícolas e gandeiras en harmonía co contorno natural.

Esta ruta ten varios itinerarios. Se comezamos polo itinerario máis ao sur poderemos gozar de Sanxenxo que ten un valioso conxunto histórico tardorromano e medieval; cómpre destacar a praia da Lanzada. Ao oeste de Sanxenxo temos as Illas de Onza e Ons declaradas espazo natural.

30 lanzada

 

31 caramiñal

32 catoira

A península do Grove e a illa de Toxa conforman un dos conxuntos turísticos máis coñecidos da ría.

Na zona occidental da Península do Barbanza temos a vila de Ribeira que estivo poboada dende a máis remota antigüidade, como testemuñan os restos megalíticos (dolmen de Axeitos) e castrexos. A Vila da Pobra do Caramiñal posúe un cuantioso tesouro histórico-artístico representado por igrexas e pazos: a Torre de Xunqueiras, pazo-castelo(século XV); a Torre Bermúdez, edificio renacentista (século XVI); a Casa Grande Aguiar (XVIII), o Pazo de Cotón (1717) e as igrexas de Santa María a Antiga do Caramiñal (XVI) e Santiago da Pobra do Dean, templo gótico do século XV.

De volta á zona oriental da Península do Barbanza atoparemos a vila de Meaño coa igrexa parroquial de Simes. Ao seguir ao Norte cruzámonos con Cambados que ten un importante patrimonio histórico-artístico,no que destacan a praza viscondal de Fefiñáns, un magnífico conxunto urbano do século XVII, a Igrexa de San Bieito de Fefiñáns, a Casa-Museo do poeta Ramón Cabanillas, varios pazos dos séculos XVII-XVIII e templos de gran beleza artística coma Santa Mariña Dozo.

A seguinte parada importante é Vilanova de Arousa onde temos moitos pazos e podemos ver a casa natal de Valle-Inclán (escritor nado na vila e unha das figuras máis significativas da literatura española).

Unha ponte une Vilanova de Arousa coa Illa de Arousa que ten un forte potencial ecolóxico ben protexido no parque natural de Carreirón.

A seguinte vila salientable é Vilagarcía na que podemos visitar a igrexa de San Martiño de Sobrán (século XIII).a igrexa de Santiago de Carril (séculos XVI-XVII) e o pazo-convento de Vista Alegre (mediados do XVII)

Na outra ribeira de Arousa temos varios asentamentos castrexos entre Boiro e Rianxo. Nesta última vila naceu un dos máis importantes escritores galegos, Castelao. Do seu patrimonio histórico-artístico salientan a igrexa de Santa Comba (s.XVI), a igrexa de Santa María de Leiro(s.XVII) e o santuario barroco da Virxe de Guadalupe.

Deixando atrás Bamio e os seus petroglifos da Idade de Bronce, chegamos a Catoira, que foi asolada polos viquingos varias veces na época medieval e máis tarde polos piratas almorávides. As Torres de Oeste, a capela do castelo, a cruz do rei AfonsoIII o Magno(Museo de Pontevedra) é o que queda daquelas épocas belicosas.

Ao lado leste da Ría de Arousa, en Valga, temos un conxunto de igrexas románicas do século XII.

En Dodro, ao lado oeste, podemos ver a igrexa parroquial barroca de Santa María, pazos coma o de Ermida (s.XVII) e o de Lestrove (s.XVIII).

De seguido a ruta enlaza co Camiño Portugués.

Camiño Inglés

33 neda

34 xubia

35 pontedeume church

36 pontedeume castelo

A peregrinación xacobea contou cunha gran sona en toda a Europa Medieval, de feito, terras e mares estaban sucados por camiños de espiritualidade que levaban a Compostela. Escandinavos, flamengos, ingleses, escoceses e irlandeses empregaron os camiños do mar para chegar a Ribadeo, Viveiro, Ferrol ou A Coruña. Estes dous últimos enclaves costeiros, grazas á súa situación estratéxica excepcional son os puntos de partida das dúas alternativas do Camiño Inglés.

As peregrinacións dende Escandinavia e as Illas Británicas inícianse no século XII. Sinais das peregrinacións marítimas dos séculos XIV e XV son as pezas de cerámica e numismática inglesas amais de diversas ofrendas ao apóstolo, nas que destaca o célebre retablo portátil de alabastro sobre a vida de Santiago doado en 1456 á catedral compostelá.

O Camiño Inglés pódese comezar en Ferrol ou na Coruña e os dous itinerarios son diferentes ata chegar á vila de Bruma.

Saíndo de Ferrol de camiño a Neda temos o mosteiro de San Martiño de Xubia. Xa en Neda, podemos visitar a igrexa de Santa María e o que queda do hospital de peregrinos apegado á Casa do Concello. Despois continuamos pola rúa Real,coas súas casas con soportais do s.XVII e XVIII ata preto da igrexa de San Nicolás (s.XIV).

Deixamos atrás Neda e pasamos por Fene e O Val ata chegar a Cabanas onde atopamos a igrexa de San Martiño do Porto e a praia da Madalena.

En Pontedeume destacan o convento de Santo Agostiño, a capela das Virtudes, a Torre da homenaxe do castelo dos Andrade(s.XIV), a igrexa de Santiago (s.XVIII) e a Casa do Concello pegada á Torre Ulloa (s.XVII).

Ao pasar Pontedeume pódese tomar o desvío á igrexa rómanica de San Miguel de Breamo (fins s.XII).O camiño leva ata Barro, As Pedridas, Cermuzo, A Xesta, Buiña e pasa polos lugares de Viadeiro e Bañobre. Ao pouco de deixar a vila de Miño veremos a Ponte do Porco (s.XIV). No camiño que temos ata Betanzos poderemos coñecer o Pazo de Montecelo, a igrexa de San Pantaleón das Viñas, o templo románico de San Martiño de Tiobre e o santuario de Nosa Señora do Camiño (templo renacentista).

Betanzos presenta un dos conxuntos histórico-artísticos máis relevantes de Galicia; entre os edificios civís destacan o Pazo de Bendaña (s.XV-XVIII) e o Pazo do Concello (s.XVIII). Tamén debemos destacar as igrexas góticas de Santiago (s.XV),de San Francisco (s.XIV) e a de Santa María de Azougue (s.XIV).

Na praza dos irmáns García Naveira podemos resaltar a fonte de Diana, a igrexa de San Domingos (s.XVII) co seu campanario barroco, o Arquivo do Reino de Galicia e a Biblioteca Municipal (s.XVIII).

No que nos resta de camiño ata Bruma podemos disfrutar dunha tranquila viaxe e aproveitar para coñecer as igrexas de San Estevo de Cos e de Santiago de Meangos.

A outra ruta para chegar a Bruma comeza na Coruña. Nesta cidade temos unha gran variedade de puntos de interese coma a Torre de Hercules (s.II), o Castelo de San Antón, o paseo marítimo...

O noso itinerario comeza na igrexa de Santiago (s.XII), continúa ata a Porta Real moi preto da Praza de María Pita e segue pola avenida da Mariña cos seus soportais e emblemáticas galerías (s.XIX).

O camiño que resta ata Bruma é moi plácido e nel podemos destacar a igrexa románica de Santiago de Segrás, a igrexa de Santa María de Cambre e o Pazo de Anceis (s.XVII).

Saímos da vila en dirección Sigüeiro (vila de orixe medieval do s.XII) e polo camiño podemos facer unha parada na igrexa de San Paio de Buscas e na de San Xián de Poulo.

Despois de pasar a ponte de Sigüeiro (de orixe medieval) sobre o río Tambre xa entramos no concello de Santiago.

 

  

  

  


Legal Notice

Image

This page was written by the Spanish team. Only the Spanish team is responsible for its content.
For further information please contact: Jose Armesto o
r María Rodríguez Valcárcel | EPAPU Albeiros
Copyright (c) 2011 by EPAPU Albeiros | Lugo | Galicia | Spain | www.edu.xunta.es/centros/epapualbeiros

Germany

Abendgymnasium Münster Image

www.abendgymnasium-muenster.de
Münster | NRW | Germany

Spain

EPAPU Albeiros

Image

www.edu.xunta.es/centros/epapualbeiros
Lugo |  Galicia | Spain

Netherlands

Horizon CollegeImage

Image

www.horizoncollege.nl
Alkmaar | North-Holland | The Netherlands

Greece

 AEOLIS

Image

www.aeolis.edu.gr
Lesvos Island |  Aegean Sea | Greece 

Theme by Danetsoft and Danang Probo Sayekti inspired by Maksimer