Recreación histórico-lúdica: Arde Lucus

PrinterSend to friendPDF version

Vanesa De la Fuente, Leticia Mouriz

Volver ao índice

Lugo, cidade romana:

A cidade de Lugo foi fundada entre os anos 26 e 12 a.C. polo legado de César Augusto Paulo Fabio Máximo, quen a bautizou como Lucus Augusti precisamente na honra do césar. Trátase do núcleo urbano máis antigo de Galicia. Inicialmente foi un campamento romano e posteriormente converteuse nunha das tres capitais administrativas da Gallaecia, a provincia romana que ocupaba o noroeste peninsular.

Lugo conta cunha muralla romana, declarada Patrimonio da Humanidade pola Unesco no ano 2000, construída a finais do século III e principios do IV, durante o Baixo Imperio romano, que se conserva íntegra e rodea o centro da cidade.

Image

O Arde Lucus: unha festa galaico-romana

O Arde Lucus, celebrado na nosa cidade desde o ano 2001 a finais do mes de xuño, é unha festa de interese turístico. A presente edición terá lugar entre os días 22, 23 e 24 dese mes. Revive o pasado galaico-romano da cidade amurallada e xurdiu para conmemorar a fundación da mesma.

No ano 2011 foi declarada Festa de Interese Turístico de Galicia e nas súas últimas dúas edicións chegáronse a alcanzar preto dun millón de participantes.

O ambiente é extraordinario dado que lucenses e visitantes saen á rúa ataviados con roupas de época. A festa, en realidade, combina a espontaneidade da cidadanía con actos organizados polo concello e, por iso, máis programados. Xunto á presenza na rúa de miles de persoas que retornan ao pasado bimilenario da cidade, hai actividades como campamentos militares, vodas celtas, mercados artesanais, circos romanos ou asedios á muralla.

Actividades do Arde Lucus:

As actividades mesturan o pasado galaico-romano da cidade, que tamén "abre as portas" á celebración dos ritos celtas dentro das murallas. Podemos destacar as seguintes:

Campamentos militares

Son unha serie de campamentos que teñen que montar os propios participantes, xa sexan grupos de particulares ou asociacións. Neles revívese de xeito lúdico a vida da antigüidade porque os residentes nos mesmos deben vivir ataviados coas vestimentas e obxectos típicos da época.

Vodas celtas

As parellas poden casar polo antigo rito celta, unión amorosa que durará ata o ano seguinte. A cerimonia segue un ritual simple denominado “ritual sagrado da unión de mans”. Os contraentes colócanse de fronte e, agarrados das mans, son ligados por unha corda ou lazo que simboliza a súa unión. O oficiante é unha persoa designada polos noivos. Normalmente estes presentan unha testemuña cada un. O grupo de asistentes pode ser máis ou menos numeroso, segundo desexo da parella.

Image

Macellum

Trátase dun mercado artesanal onde se ofrecen produtos típicos da época e se celebran espectáculos de maxia, de xogos malabares e de música.

Circo romano

O circo, unha das instalacións lúdicas máis importantes da cidade romana, inspirábase nos hipódromos e estadios gregos, pero as súas dimensións eran maiores.

No Arde Lucus sitúase no Parque Rosalía de Castro e nel celébranse actividades que rememoran as realizadas nos antigos circos romanos, con pelexas de gladiadores ou carreiras de bigas, entre outras.

Image

Queima da muralla

Nesta actividade recréase o asedio a unha cidade romana. Celébrase no Parque de Rosalía e non na muralla e conta coa participación de todas as asociacións e de múltiples voluntarios.

Outras actividades

Ademais das anteriores, destacan outras moitas actividades como as bacanais, a colocación de sentinelas nas portas da muralla, batalla entre celtas e romanos, espectáculos de maxia, desfiles, concursos de disfraces, xogos romanos, pelexas de gladiadores, diferentes actividades para divulgar as tradicións galaicas e romanas, cabalgatas, venda de escravos, vodas romanas, instrución militar romana polas rúas da cidade, diferentes exhibicións e concertos.

Image

 

FONTES UTILIZADAS

Volver ao índice

 

 

 


Legal Notice

Image

This page was written by the Spanish team. Only the Spanish team is responsible for its content.
For further information please contact: Jose Armesto o
r María Rodríguez Valcárcel | EPAPU Albeiros
Copyright (c) 2011 by EPAPU Albeiros | Lugo | Galicia | Spain | www.edu.xunta.es/centros/epapualbeiros

Germany

Abendgymnasium Münster Image

www.abendgymnasium-muenster.de
Münster | NRW | Germany

Spain

EPAPU Albeiros

Image

www.edu.xunta.es/centros/epapualbeiros
Lugo |  Galicia | Spain

Netherlands

Horizon CollegeImage

Image

www.horizoncollege.nl
Alkmaar | North-Holland | The Netherlands

Greece

 AEOLIS

Image

www.aeolis.edu.gr
Lesvos Island |  Aegean Sea | Greece 

Theme by Danetsoft and Danang Probo Sayekti inspired by Maksimer